No mes de agosto, Juan e Rebeca decidiron ir un día á praia. Estando xa na praia, decidiron facer un gran castelo de area. O castelo de area era de tres pisos e tiña catro torres. Ó rematar o castelo, pensaron en nadar un chisquiño, estiveron xogando un pouco a salpicarse uns ós outros, xogaron a pasarse a pelota e a outros xogos ata cansarse. De tan cansos que se atopaban, decidiron achegarse a unha illa para secarse e descansar. E cal foi a súa sorpresa? Pois que unha das árbores lles falou. Abraiados, achegáronse ata ela para ver se realmente falaba ou había outra persoa agachada detrás dela. A árbore, era unha árbore máxica e tamén moi sabia, pois avisou a Juan e Rebeca de que nun par de horas a marea ía subir e a illa quedaría totalmente cuberta polo mar. Dese modo quedaron máis tranquilos e aproveitaron para sentarse mirando no horizonte as gaivotas que voaban facendo debuxos no ceo. Os minutos pasaban e o sol íase ocultando e a árbore máxica lembroullesa a Juan e a Rebeca que a hora de voltar á casa chegara.

Etiquetas: arTeu
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial