arTeu
Eu fun ver a exposición do restaurante “Casa Alfredo” , en Cecebre , porque era o que máis preto quedaba da miña casa. Os cadros eran de Manoel Bonabal. Este pintor galego naceu en Santiago de Compostela ano 1961.Nesta cidade fórmase na “Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo” e remata a súa formación no taller do seu pai , o escultor Manuel Barreiro Moratalla. Leva máis de 15 anos dedicado á pintura.
É un pintor que fai cadros con moita luz e que resultan moi alegres , con cores moi vivas e resaltando moito as figuras das persoas. Todos os cadros que vin eran parecidos no estilo , transmitía moita alegría e optimismo. Gustáronme moito todos eles.
Para este traballo escollín dous cadros que representan as figuras dunhas sevillanas. Os dous son óleos de moito colorido e de figuras sen rostro. Nun cadro aparecen aparecen as caras das persoas e no outro só representa o vestido dunha persoa.
Eu penso que puxeron os cadros neste restaurante porque o comedor é moi apagado, con moi pouquiña luz .Os cadros están a venda e a “Casa Alfredo” vai moita xente a xantar, tamén hai máis posibilidades de que o pintor venda algunha das súas obras.
Eu creo que é unha boa maneira de achegar a arte á xente da rúa.
Ao mellor alguén pediu aos Reis Magos un cadro desta exposición ¡ sería un bo agasallo!
Etiquetas: arTeu

0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial